‘Grazas á vida’ xunta a dúas grandes voces femininas en radio e música
Emite esta tarde un capítulo con María do Ceo e Nora Sola
Grazas á vida chega hoxe ás 17.25 horas ao seu capítulo 11 cun programa dedicado ás voces creativas, ás que dan forma ás palabras como motor do mundo en movemento. Para elo contan con Nora Sola, que traballou na radio e televisión, e María do Ceo, dama singular do fado que transmite coa súa voz a comuñón entre os sons irmáns de Galicia e de Portugal.
O programa Grazas á voz creativa, elaborado por Producións Celta para a canle autonómica e presentado por Noa García, voará hoxe pola atmósfera de Ourense acompañado destas dúas elegantes mulleres.
Deste xeito, os televidentes coñecerán a vida de Nora Sola a través dos lugares elexidos por ela mesma. Así, lembrará o seu paso polo instituto Otero Pedrayo de Ourense, no que estudiou mentres seus pais vivían en Verín. Tamén falará do seu paso pola emisora de radio COPE Ourense, o lugar donde traballou durante máis tempo. Di que a radio foi “o amor da súa vida”. Por último, elexiu o Centro Cultural Marcos Valcárcel como lugar que representa a súa etapa como directora do Festival de Cine de Ourense (OUFF), do que estivo ao cargo sete años en diferentes etapas.
Pola súa banda, María do Ceo lembrará a súa primeira casa en Ourense, no barrio da Chavasqueira, á que chegou desde Porto aos dez anos, e tamén o río Miño. Alí viviu ata que casou aos 18 anos.Precisamente a igrexa de Santiago das Caldas no barrio da Ponte, onde casou hai 43 anos, é o segundo dos escenarios escollidos por María do Ceo para contar a súa vida e o seu traballo no mundo da música, ao que se dedica profesionalmente desde 1997, cando publicou o seu primeiro disco, Cartas de amor. O café onde cantou por vez primeira, La zapatería del abuelo, o antigo Café Bohemio, é último lugar de lembranza.
Temas
Más en Televisión
-
Aurah Ruiz sufre una aparatosa caída en 'Supervivientes' y termina en el hospital: "Ha sido un gran susto"
-
'Supervivientes' se apunta otra cómoda victoria y 'Una vida menos en Canarias' se despide en su línea
-
Así fue el paso de Borjamina por el Benidorm Fest: el 'Mozo de Arousa' actuó en el camino a Eurovisión
-
Llamativos cambios en la actuación de Nebulossa en Eurovisión: así ha sido el primer ensayo de España