‘Aquí Galicia’ vivirá en directo o Día do Carme desde Camariñas, Foz e Moaña
O espazo da TVG ofrecerá varias actuacións musicais
Aquí Galicia ofrece hoxe na Televisión de Galicia (TVG), desde Camariñas, un programa especial polo Día do Carme, dando conta das diferentes formas en que se viven estas datas por toda Galicia e tamén na América Latina.
Nunha vila que se entrega por completo ás celebracións do Día do Carme, os espectadores poderán ver as dúas versións da Danza de Arcos, a de adultos e a de nenos, a ofrenda floral e a procesión marítima. Ademais, darase conta da entrega do título de Camariñán de Honra ao presentador da Radio Galega Marcial Mouzo, quen, en directo, reaccionará ao que opinan del as súas veciñas e veciños, e amosaranse as aplicacións á moda máis vangardista do encaixe de Camariñas, ademais de falar coas súas palilleiras máis famosas: Dorita e Norma, das asociacións Rendas e Puntillas. As bailarinas dos Extraordinarios Team converteranse por unha tarde en modelos de pasarela, coas impresionantes esculturas de cabelo realizadas polo estilista camariñán Carlos Bardullas.
No set do Aquí Galicia, instalado en Camariñas, tamén haberá moita música, xa que o espazo da TVG contará coas actuacións de Airiños de Río Grande, da Asociación Cultural Trubisquiña, da Coral Brisas do Mar, e de Os Extraordinarios Team, con Noly, Alejandra Pais e Laura Añón.
O programa da canle autonómica tamén estará en directo noutras localidades galegas onde se celebra con fervor do Día do Carme, como Foz, na Mariña lucense, ou Moaña, en Pontevedra.
Temas
Más en Televisión
-
Alfonso Ribeiro, sobre su papel de Carlton en 'El Príncipe de Bel-Air': "Hizo que no volviera a actuar"
-
El defensor de Gorka desvela cómo se encuentra su novia tras sus "besos de deseo" con Marieta en 'Supervivientes'
-
Mediaset estudia recuperar 'Caiga quien caiga' (CQC) de cara a la próxima temporada
-
Vyperr celebra el estreno de 'Supersónico', su nuevo tema, en un vídeo con Miguel Ángel Silvestre desde Cannes