"O catálogo de fármacos converte os galegos en cidadáns de segunda"
A patronal farmacéutica, Farmaindustria, lamentou a aprobación da proposición de lei pola que se creará o catálogo de medicamentos para Galicia xa que, segundo asegura, supón a "ruptura" da cohesión do Sistema Nacional de Saúde (SNS) e "converte os galegos en cidadáns de segunda" en materia de prestacións farmacéuticas.
Segundo denuncia a patronal da industria farmacéutica, o Goberno galego invadiu competencias que son exclusivas da Administración Xeneral do Estado, o que supón un "atentado contra a equidade dos pacientes" no acceso aos tratamentos dispoñibles e "contra o seu dereito de acceder aos medicamentos en condicións de igualdade respecto a cidadáns doutras comunidades".
"En ningún caso, razóns de sostenibilidad económica poden xustificar a inaplicación da lexislación xeral sanitaria nin o recorte dos dereitos dos pacientes", reza un comunicado, ao tempo que critica que esta iniciativa levará consigo "importantes perdas de emprego tanto na industria coma noutros axentes da cadea do medicamento, especialmente oficinas de farmacia".
Más en Sociedad
-
Resultados de la Primitiva del lunes 20 de mayo de 2024
-
Sorteo Bonoloto del lunes 20 de mayo de 2024
-
OpenAI "pausa" la voz de ChatGPT tras las acusaciones de plagio a Scarlett Johansson
-
El presidente de la Conferencia Episcopal niega que existan intereses inmobiliarios tras la disidencia de las clarisas