'Ribeiras de Salitre' visitará hoxe os portos que agrupan a Confraría de San Cibrao
O programa da TVG percorrerá cos espectadores unha contorna de forte cultura mariñeira, onde o polbo, os percebes e os ourizos son as capturas predominantes
A Confraría de San Cibrao agrupa os portos de Portocelo, Morás e San Cibrao, onde o polbo, o ourizo e os percebes son as capturas predominantes. O programa da Televisión de Galicia (TVG) Ribeiras de Salitre visita hoxe unha contorna de forte cultura mariñeira.
Desde o porto de Morás saen todos os días ao mar Luísa Otero e Emilio González, un matrimonio mariñeiro que xa formaba parte do oficio antes de casar. Pola súa parte, Ana Maetín, entrañable mariscadora que naceu preto do porto de Portocelo, traballa o percebe e o ourizo. Comezou nesta actividade "por probar" e converteuse en parte esencial da súa vida.
Entre as historias destes mariñeiros, Ribeiras de Salitre sacará tempo para a música. Asistirá a un ensaio do grupo A Rebolaxe, formación de música tradicional galega, que traballa para que non se perda o folclore propio desta ribeira. O prato que se vai degustar neste programa será, como non, o ourizo. Prepararao Cuca Díaz, que é unha das organizadoras da Festa do Ourizo que se celebra cada mes de marzo en San Cibrao. Elaborará unha filloa acompañada por este manxar sacado do mar.
A Maruxaina, unha serea que vive nas rochas chamadas Os Farallóns, é unha das lendas mariñeiras máis fermosas de Galicia. Arredor dela, celébrase unha festa no mes de agosto, declarada de Interese Turístico Galego e da que falará o espazo da canle pública.
Ribeiras de Salitre tamén se ocupará do pasado baleeiro da zona. Un traballo que coñecen ben Sagrario Casas, que traballou no despezamento dos cetáceos, e Manuel Díaz, que foi xefe dos traballadores que se encargaban da mesma actividade. Ambos os dous foron traballadores da factoría de Morás, da que hoxe só quedan ruínas. Lembrarán para o programa a que foi unha época moi feliz para eles.
O pasado mariñeiro de San Cibrao lembrarao Moncho Rivas, quen, ademais de traballar como mariñeiro durante toda a súa vida, leva anos dedicándose á recuperación da cultura do mar na Mariña de Lugo.
Más en Sociedad
-
Noruega, el destino favorito de las enfermeras españolas que migran: su sueldo se multiplica por cuatro
-
SOS de los pacientes con sarcoma: el 40% recibe un diagnóstico inicial erróneo o tardío y empeora su pronóstico
-
Nueva propuesta de Mónica García: crema solar gratis en lugares públicos para reducir la incidencia de cáncer de piel
-
Gleeden promueve la normalización de la sexualidad femenina a través de la literatura