A RAG e a Irmandade Xurídica Galega homenaxean a Sebastián Martínez-Risco
'O feito de ser moi cativa cando o seu pasamento non me impediu seguir coñecéndoo e ir incorporando a súa ética política e o seu amor por Galiza', sinala a súa neta, Isabel Risco
O número 11 da coruñesa rúa Tabernas, a sede da Real Academia Galega (RAG) desde 1978 grazas ás xestións que fixo Sebastián Martínez-Risco (Ourense, 1899 - A Coruña, 1977) acolleu este serán unha homenaxe ao académico, xurista e escritor coorganizada pola RAG e a Irmandade Xurídica Galega nos corenta anos do seu pasamento. O acto, ao que acudiron distintas personalidades do mundo da cultura e da xustiza, contou coas intervencións de Xosé Ramón Freixeiro Mato, biógrafo de Sebastián Martínez-Risco e profesor da Universidade da Coruña; Consuelo Castro Rei, avogada do Estado e membro da Irmandade Xurídica Galega; a actriz Isabel Risco, neta do académico; o membro de número da Academia Xosé Luís Franco Grande e o presidente Xesús Alonso Montero. Cada un deles profundou en distintas facetas do homenaxeado, desde a de xuíz e avogado de prestixio ata o literaria.
O perfil máis emotivo trazouno a súa neta Isabel Risco, que falou en nome da familia. “Atopo nel un referente, un guieiro, unha fonte. O feito de ser moi cativa cando o seu pasamento non me impediu seguir coñecéndoo e, de xeito case inconsciente, como unha sorte de xenética metafísica, ir incorporando a súa ética política e o seu amor por Galiza e por todo o que ela significa, se ben, e ao fin e ao cabo, é o propio país onde achamos todo o que precisamos para defendelo, admiralo e respectalo”, expresou a actriz.
Temas
Más en Sociedad
-
Ganarse a su señoría también tiene su técnica: "Las mujeres son las mejores testigos"
-
Mamá, el amor primitivo
-
Alerta de la Guardia Civil por lo que está ocurriendo en Vinted y Wallapop
-
Robert Sapolsky, neurocientífico: "Si todo el mundo entendiera que no somos dueños de nuestras decisiones, el mundo se derrumbaría"