Educación amplía a 30 centros os 'Club da Ciencia'
Un total de 30 centros educativos públicos desenvolverán este curso 2017/18 os Club de Ciencia, unha iniciativa promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria co fin de estimular o espírito científico do alumnado. Esta acción desenvolverase en 15 centros da provincia da Coruña, catro de Lugo, dous de Ourense e nove de Pontevedra. Tralo éxito da primeira edición, na que participaron 10 centros educativos, este curso os Club de ciencia esténdense a un total de 30 centros, dos cales tamén forman parte os que desenvolveron o proxecto o ano pasado. Cada un recibirá unha achega económica de 1.200 euros para desenvolver a súa iniciativa. .
O obxectivo pasa por fomentar o espírito científico e a curiosidade do alumnado, o que favorece traballo das áreas STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), unha das prioridades da Consellería de cara aos próximos anos.
Na provincia da Coruña participarán o CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños, o IES Agra do Orzán da Coruña, o IES Sofía Casanova de Ferrol, o IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiños, o IES de Melide, o CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero, o IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago, IES Arcebispo Xelmírez II de Santiago, o CPI de Atios de Valdoviño, o IES Ferrol Vello de Ferrol, o IES Eduardo Pondal de Ponteceso, o IES David Buján de Cambre, o IES María Casares de Oleiros, o CRA de Rianxo e o IES Plurilingüe A Cachada de Boiro.
Temas
Más en Sociedad
-
Ganarse a su señoría también tiene su técnica: "Las mujeres son las mejores testigos"
-
Mamá, el amor primitivo
-
Alerta de la Guardia Civil por lo que está ocurriendo en Vinted y Wallapop
-
Robert Sapolsky, neurocientífico: "Si todo el mundo entendiera que no somos dueños de nuestras decisiones, el mundo se derrumbaría"