Medio millón de euros aos premios de innovación en FP
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de convocar os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos, á que se destinan 500.000 euros. Deste xeito, a dotación orzamentaria destes galardóns é a máis alta da historia case duplicando a contía dirixida aos mesmos na edición anterior.
Os centros educativos poderán solicitar participar neste certame ata o 17 de xaneiro, en dúas modalidades diferentes. Os proxectos que se presenten na modalidade A terán como obxectivo a innovación tecnolóxica ou científica, e a mellora de procesos de produción ou de prestación de servizos. Estarán orientados a impulsar a transferencia tecnolóxica entre os centros educativos e o contorno produtivo. Ademais, deberían ter unha incidencia significativa na futura inserción laboral do alumnado e na súa empregabilidade, favorecendo a aparición de oportunidades laborais e iniciativas empresariais.
Pola súa banda, na modalidade B inclúense os proxectos que teñan como obxectivo a creación de materiais ou recursos didácticos que supoñan unha innovación nalgunha das familias profesionais. Estarán orientados á introdución e á aprendizaxe de novos contidos, tecnoloxías avanzadas, e instrumental ou maquinaria na aula ou no taller, potenciando o deseño de materiais didácticos, deseño de prototipos ou simuladores, laboratorios para prácticas ou maquetas e aplicacións informáticas.
Temas
Más en Sociedad
-
Aprobado el nuevo tamaño de las maletas de mano: queda poco para que podamos viajar así
-
Cita con Angie Bru, la doctora que vino a España y se "fugó" a Alemania: "Un médico feliz, que gana más, es un paciente feliz"
-
La FP que viene: más prácticas y ya en 1º, más inglés y optativas para afinar la capacitación
-
As iranianas Nilufar Hamedi e Elahe Mohammadi gañan o Premio José Couso á Liberdade de Prensa