A Xunta reforza a educación docente en igualdade
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reforza a formación do profesorado no ámbito da igualdade, a convivencia e a inclusión cun módulo específico en liña que agora se volve abrir a 6.000 docentes, que se engaden aos outros 7.000 que xa se formaron neste eido no que vai de curso. Por tanto, acadaranse uns 13.000 profesores que reciben formación específica neste campo.
Este módulo enmárcase dentro do Plan anual de formación do profesorado 2017/18, que se estrutura en base ao Marco de competencias profesionais docentes e introduce novidades vinculadas aos novos programas educativos ata 2020 co fin de dar resposta aos novos retos e oportunidades que se plantexan no sistema educativo galego. Entre estas novidades está a posta en marcha en todas as liñas de formación dun módulo obrigatorio de acompañamento sobre igualdade, convivencia e inclusión coa intención de que todo o profesorado teña a oportunidade dunha formación básica e actualización nestas materias.
Este módulo sobre Igualdade, Convivencia e Inclusión está orientado a actividades de formación en centros e busca a reflexión sobre aspectos clave da normativa e orientacións nesta materia nos últimos anos. Ten un recoñecemento de 20 horas de formación do profesorado e está aberto todo o curso en períodos sucesivos de tres semanas. Cómpre destacar que no pasado curso leváronse a cabo unhas 2800 actividades de carácter, e máis de 20.400 docentes (o 60% do total) participaron nunha o máis actividades deste tipo ao longo do curso.
Temas
Más en Sociedad
-
Un informe denuncia el acceso desigual a la universidad por culpa de la selectividad: "Con los mismos conocimientos, puedes sacar un 8 o un 6"
-
Descube cómo tus compras de mayo pueden hacerte ganar un viaje a Turquía
-
Enfado de la comunidad científica por la regulación de la cotización retroactiva de los becarios de investigación
-
Alejandro, el niño de Almería con leucemia que necesita un donante para cambiar su destino