'Pescadores de historias' amosa o traballo nas fábricas de salgaduras do Grove
O espazo da TVG que dirixe e presenta X. H. Rivadulla Corcón viaxa ata a localidade pontevedresa para coñecer como se desenvolve esa actividade
Baixo o título de O Sal do Grove,Pescadores de Historias dedica a edición de hoxe ao porto do Grove, onde as fábricas de salgadura foron determinantes na vida desta localidade e de toda a comarca do Salnés. O espazo indagará na importancia da salgadura do peixe para o Grove.
No Grove atópanse recuperados os edificios de dúas antigas fábricas de salgadura, emprazadas en Punta Moreiras, estes edificios rehabilitáronse e instalouse neles o Museo da Pesca e da Salga, como un espazo dedicado amplamente á cultura mariñeira do Grove, inaugurado en 2007, e do que se conversará co seu director, José Luis Escalante.
A posta en marcha do museo foi un interesante proceso, do que falarán Miguel Pérez, alcalde do Grove naquela época, e na actualidade presidente da Asociación de Amigo das Salgadeiras de Moreira, e Manolo Ochoa, que era o presidente da Comunidade de Montes.
Á salgadura precédea o traballo do mariñeiro no mar, pescando o peixe que logo se vai salgar, así que se falará con Pepe Fontoira, mariñeiro que coñeceu ben a época da salgadura. Outros convidados involucrados neste proceso serán Paco Fuentes, un traballador das antigas fábricas de salgadura; Antonio Lois e Estrella Gómez, que no verán e nas festas do Grove fan demostracións de como se fai a salga, e Antonio Rey, do restaurante Antoxo, cociñará de xeitos diferentes as sardiñas típicas do Grove.
Temas
Más en Sociedad
-
Aprobado el nuevo tamaño de las maletas de mano: queda poco para que podamos viajar así
-
Cita con Angie Bru, la doctora que vino a España y se "fugó" a Alemania: "Un médico feliz, que gana más, es un paciente feliz"
-
La FP que viene: más prácticas y ya en 1º, más inglés y optativas para afinar la capacitación
-
As iranianas Nilufar Hamedi e Elahe Mohammadi gañan o Premio José Couso á Liberdade de Prensa