Rosario Álvarez Blanco, primeira muller en presidir o Consello da Cultura Galega
"É necesario cubrir de forma máis eficaz o amplo espectro do ecosistema cultural galego, chegando a novos públicos", sinalou a catedrática de Filoloxía Galega
O pleno do Consello da Cultura Galega (CCG) elixiu onte a Rosario Álvarez Blanco, catedrática de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago, como presidenta da entidade, o que converte a profesora na primeira muller que exercerá esta responsabilidade na entidade.
Álvarez, ata a data vicepresidenta, sucede a Ramón Villares no cargo, quen cumpriu o máximo de anos posible segundo os estatutos do consello. O Pleno da institución votou favorablemente a candidatura de Rosario Álvarez Blanco, única presentada para a presidencia do Consello da Cultura.
Álvarez comparecerá como presidenta electa no Parlamento de Galicia nas datas que fixe esta institución e o seu nomeamento será efectuado no Consello da Xunta, segundo informou onte a entidade.
No seu discurso de presentación, Rosario Álvarez debullou as liñas estratéxicas da súa candidatura e afirmou que son de "continuidade, non continuísmo". A catedrática avanzou que nesta nova etapa na entidade incorporará "novo ánimo, novos retos e novos modos" á institución apostando pola xestión participativa e por "explotar ao máximo a fortaleza representativa do Consello da Cultura Galega (CCG)" e o seu "carácter referencial" para a cultura da comunidade.
A nova presidenta da entidad subliñou ademais a necesidade de traballar desde o Consello pola igualdade de xénero na cultura, pero tamén na igualdade de oportunidades no acceso a esta. Así mesmo, sinalou a necesidade de cubrir "da maneira máis eficaz posible o amplo espectro do ecosistema cultural galego, chegando a novos públicos e repensando os enfoques, as temáticas, os formatos de comunicación e actividades, apoiándose na estratexia dixital para chegar a estes fins".
Nada en Pontevedra en 1952 é licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago, onde foi vicerretora de profesorado. Ademais foi directora do Instituto da Lingua Galega, ó que pertence desde 1974. Álvarez é investigadora principal da gramática da Real Academia Galega (RAG) -da que é académica desde 2003- e dirixe na actualidade o Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués.
Temas
Más en Sociedad
-
Aprobado el nuevo tamaño de las maletas de mano: queda poco para que podamos viajar así
-
Cita con Angie Bru, la doctora que vino a España y se "fugó" a Alemania: "Un médico feliz, que gana más, es un paciente feliz"
-
La FP que viene: más prácticas y ya en 1º, más inglés y optativas para afinar la capacitación
-
As iranianas Nilufar Hamedi e Elahe Mohammadi gañan o Premio José Couso á Liberdade de Prensa