'A Revista', en directo na rodaxe da nova película do coruñés Óliver Laxe
A Revista da TVG terá este xoves un gran sabor cinéfilo, posto que estará en directo na rodaxe na nova película de Óliver Laxe, chamada Aquilo que arde. O director coruñés, premiado en dúas ocasións no Festival de Cannes, roda por vez primeira unha longametraxe en Galicia. O magazine da canle autonómica estará en directo dende Navia de Suarna, e amosará a realidade dunha rodaxe dende dentro. Falará ademais co director e actores protagonistas.
O programa de hoxe tamén estará centrado nos festivais de música. En primeiro lugar, o espazo mostrará o cartel e preparativos do Atlantic Fest, que se desenvolve na Illa de Arousa esta fin de semana. Ademais, para falar do Festival Vive Nigrán, estará no estudio o seu codirector, Manuel Araújo. O representante falará dos 20 artistas que actuarán na segunda edición do festival, que ten a Sidonie como cabeza de cartel.
Temas
Más en Sociedad
-
Aprobado el nuevo tamaño de las maletas de mano: queda poco para que podamos viajar así
-
Cita con Angie Bru, la doctora que vino a España y se "fugó" a Alemania: "Un médico feliz, que gana más, es un paciente feliz"
-
La FP que viene: más prácticas y ya en 1º, más inglés y optativas para afinar la capacitación
-
As iranianas Nilufar Hamedi e Elahe Mohammadi gañan o Premio José Couso á Liberdade de Prensa