A Deputación promoverá a proxección comercial en galego de 13 películas
Destinará 123.000 euros á distribución de filmes como 'Dhogs' ou 'O soño de papá'
Películas como Dhogs, A batalla descoñecida, Memorias dun home en pixama, A Estación violenta,Sicixia ou O soño de papá terán axuda pública para a súa distribución a través da nova liña que ven de resolver a Deputación da Coruña. A área de Cultura destina 123.000 euros á iniciativa pioneira da distribución de contidos audiovisuais en lingua galega. Festivais, casas de cultura, cineclubes ou salas comerciais difundirán películas en galego grazas á nova liña de axudas creadas para contribuír a reducir unha das eivas fundamentais do sector que é conseguir que as producións cheguen ao público.
A nova liña é pioneira a nivel galego no ámbito da distribución de contidos audiovisuais e nesta primeira edición son once as empresas distribuidoras e produtoras beneficiarias que recibirán axuda para un total de 13 filmes. As axudas cobren o investimento en marketing, publicidade, dobraxes e subtitulados ou asistencia a festivais, entre outros conceptos.
"Un dos grandes problemas do sector audiovisual galego é a dificultade para a distribución e difusión dos contidos producidos e é nese ámbito xustamente onde quere incidir esta nova liña de axudas, que completa outras iniciativas da área de Cultura da Deputación da Coruña destinadas ao ámbito audiovisual, esencial para o fortalecemento da nosa cultura", sinalou onte a vicepresidenta e responsable de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei.
Temas
Más en Sociedad
-
Las ONG temen que la Isla de Alborán se convierta en una "prisión flotante" encubierta para inmigrantes
-
Terremoto de 2,2 grados con epicentro en el corazón de la laguna rosa de Torrevieja
-
Esta es la lista de las enfermedades que dan derecho a pedir la pensión por incapacidad permanente
-
Un cliente pierde los papeles al conocer el precio de la cerveza que se estaba tomando: "Un tercio, en la barra, sin tapa..."