Síguenos en redes sociales:

'A Revista' estará nun novo mercado gastronómico en Santiago

O espazo da TVG amosará tamén como funciona o 'flyboard', cada vez máis de moda

As rúas de Santiago de Compostela contarán a partir de mañá cun novo mercado gastronómico, que terá por nome La Galiciana. Con máis de 1.200 metros cadrados, o espazo será a referencia da gastronomía galega, con arredor de 15 locais de comida tradicional. Tamén haberá tempo para a comida internacional, posto que haberá unha mostra de comida italiana ou xaponesa. Amais, no mercado pódese atopar unha mostra de cervexa artesanal. A Revista da Televisión de Galicia estará en directo por toda La Galiciana, falando con visitantes e hostaleiros.

E da comida pásase ao deporte, acuáticos, neste caso, posto que o programa estará no porto de Moaña. Desde alí amosará como funciona o flyboard, unha actividade con cada vez máis adeptos que permite sentir a sensación de voar.

Entrevistas

Xa no eido das entrevistas pasarán polo estudio de A Revista os actores do espectáculo Saaabor!, Fran Rei e Félix Rodríguez, enmarcado nos eventos de Cultura Activa. Ambos os dous explicarán o seu novo espectáculo e onde se pode desfrutar.

Javier Taladrid e Paulino García estarán no estudio para falar do Free Riders Festival, do que son organizadores e coordinadores. Este certame rende homenaxe a aqueles conductores que viaxan libres polas estradas. Ademais, Aris González fará un resumo do máis compartido e viralizado na Crtvg.

Pulsa para ver más contenido para ti