Emma Lustres, productora de Vaca Films, visita hoxe o 'Zigzag' da TVG 2
A productora coruñesa acaba de estrear 'A sombra da lei', o novo filme de Dani de la Torre
O programa Zigzag recibe hoxe no estudio de gravación a Emma Lustres, produtora da coruñesa Vaca Films, que acaba de estrear A sombra da lei, a nova película de Dani de la Torre, con Luís Tosar como protagonista. O filme traslada os espectadores á Barcelona de 1921, un momento axitado e caótico polos enfrontamentos rueiros entre gángsters e anarquistas.
O espazo da TVG 2 tamén falará da ópera prima do cineasta galego Xacio Baño, Trote, unha historia de seres que precisan escapar, tanto deles mesmos coma do lugar onde lles tocou vivir. A película, que se presentou no Festival de Cine de San Sebastián, xira arredor de Carme, atrapada no ambiente opresivo da súa familia e da pequena aldea do interior onde vive.
Por outro lado, Zigzag da segunda canle da autonómica visitará na Galería Trinta de Santiago de Compostela a exposición Lugares, d ferrolano Vari Caramés, un dos fotógrafos galegos máis recoñecidos. A mostra mosa paisaxes que son en realidade ilusións, é dicir, lugares que só existen no ollo da mente.
Ademais, Rubén Santiago, un dos novos valores da arte galega, volve a Compostela. Na nova Galería Nordés expón Omen, unha reflexión sobre a propiedade e as políticas forestais a través da mitoloxía. Os espectadores poderán pasear por unha exposición que reflexiona sobre as experiencias colectivas de uso dos montes no contexto galego e do norte de Portugal.
Temas
Más en Sociedad
-
¿Cuáles son los nombres más repetidos entre los nacidos esta década en Galicia?
-
Resurrección digital: ¿es ético, legal y sano hablar con los muertos a través de la IA?
-
María Rey, presidenta de la Asociación de la Prensa de Madrid: "En la política se han hecho hueco quienes saben comunicarse con exabruptos"
-
Credibilidad y conocimiento de los lectores, claves para la prensa de calidad