A TVG estreará esta noite o programa 'Pasaporte Galego'
Isabel Blanco presenta o espazo, dedicado a descendentes de emigrantes galegos
A partir de hoxe, as noites dos luns estarán ocupadas na TVG por historias con Pasaporte Galego, un programa dedicado aos descendentes deses galegos de pro que un día marcharon de Galicia para construír un futuro que non tiñan. Estes fillos de emigrantes viviron fóra da terra, pero nunca se desnaturalizaron nin perderon o seu inconfundible xene galego, ese que lles conferiu sempre unha identidade única. A encargada de contar a historia destes galegos e galegas singulares será outra filla de galegos que un día marcharon do país: a actriz e presentadora Isabel Blanco, nada en Suíza e que regresou a Galicia cando era unha adolescente.
Uns levan máis de 25 anos sen visitar a terra das súas raíces, outros volven con frecuencia coma se fose a primeira vez e todos eles son representantes de diferentes xeracións e percorridos. Pasaporte Galego contará por que volver non é a primeira opción para algúns.
Temas
Más en Sociedad
-
Alertan que el fin de semana habrá cuatro guardias civiles para atender los 1.000 kilómetros de costas de Andalucía
-
Acabar con el 'bullying': los expertos abogan por poner el foco en los testigos silenciosos
-
Devolver el 10% de lo robado no es atenuante: confirman seis años de cárcel para las ladronas del embajador de Ucrania
-
El bonito nombre español que está en serio peligro de extinción: solo hay 43 personas