A presidenta do Consello da Cultura "preocupada" pola perda de galego falantes
Rosario Álvarez recrimina a algúns membros da Xunta a súa falta de uso do idioma
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, sinalou que ve "con preocupación" a perda de galego falantes e recriminou a "algúns representantes políticos" da Xunta a súa falta de uso. "Sempre estamos a falar de loitar pola pervivencia do idioma. Diciámolo hai 50 anos e seguímolo dicindo agora. Por aquel entón tiñamos moitas esperanzas, que parecían ben fundadas, en que o autogoberno e a recuperación dos dereitos lingüísticos ían supoñer unha quebra na perda de falantes que o idioma tiña, que era moito menos significativa do que se percibe neste momento", asegurou nunha entrevista a Radio Nacional.
Álvarez apuntou que "é motivo de preocupación" que, a pesar do autogoberno e da implementación de medidas a favor do galego non se interrompeu a "sangría" de falantes. Así mesmo, dixo non ser "pesimista" con esta situación. "Estamos en condicións de saber que é o que lle pasa ao paciente e como o podemos coidar", engadiu.
Temas
Más en Sociedad
-
Aprobado el nuevo tamaño de las maletas de mano: queda poco para que podamos viajar así
-
Cita con Angie Bru, la doctora que vino a España y se "fugó" a Alemania: "Un médico feliz, que gana más, es un paciente feliz"
-
La FP que viene: más prácticas y ya en 1º, más inglés y optativas para afinar la capacitación
-
As iranianas Nilufar Hamedi e Elahe Mohammadi gañan o Premio José Couso á Liberdade de Prensa