As aulas de teatro universitario de Santiago e Ourense reciben o Premio de Honra
As aulas de teatro universitario de Santiago e Ourense recibiron onte o Premio de Honra Marisa Soto que entrega cada ano a Asociación de Actores e Actrices de Galicia. O xurado salientou o poder de "canteiras" para a escea galega destas aulas nas que universitarios inícianse e profundizan no mundo das representacións teatrais.
Fernando Dacosta, actual director da aula de Ourense „pola que desde 1995 pasaron 600 alumnos„ quixo extender o galardón "a todos os grupos de teatro universitario que existen en Galicia" e animou a ver se con este premio "se recuperan as aulas da Coruña, Ferrol e Santiago que cesaron a súa actividade". "Isto é un perigo para o teatro universitario galego que sempre foi un modelo a seguir e que ten actuado por toda España, Portugal ou Marrocos", engadiu.
Pola súa parte, o responsable da aula en Santiago, Roberto Salgueiro, alabou a importancia e a aprendizaxe para a vida que dá o teatro. "Debería ser unha materia obrigatoria en todas as etapas da ensinanza", sinalou o director da aula, aberta en 1990 e pola que xa pasaron 1.686 estudantes.
Temas
Más en Sociedad
-
Aprobado el nuevo tamaño de las maletas de mano: queda poco para que podamos viajar así
-
Cita con Angie Bru, la doctora que vino a España y se "fugó" a Alemania: "Un médico feliz, que gana más, es un paciente feliz"
-
La FP que viene: más prácticas y ya en 1º, más inglés y optativas para afinar la capacitación
-
As iranianas Nilufar Hamedi e Elahe Mohammadi gañan o Premio José Couso á Liberdade de Prensa