Falece Teresa Lema, a última pandereteira histórica de Malpica
Xunto a Adelia Rey, finada en 2016, e outras mulleres de Mens, abriron camiños ao folclore galego en España, Francia e Arxentina
Primeiro coa Sección Femenina e despois coa Agrupación Folclórica Aturuxo de A Coruña (fundada en 1955), un grupo de pandereteiras da parroquia de Mens en Malpica abriron as portas ao folclore galego nos anos setenta ensinándoo por toda España, por Francia e Arxentina. Adelia Rey Torrado morreu con 95 anos en 2016 e onte faleceu a última destas pandereteiras históricas, Teresa Lema Varela, Teresa da Canóniga, de 93 anos. Teresa e Adela actuaron en 1983 na Televisión de Galicia.
"Con ela desaparece unha estirpe histórica de pandereteiras que tocaban co puño pechado", conta o profesor, divulgador e auténtico dinamizador da cultura e o patrimonia da Costa da Morte, Xosé Manuel Varela.
No ano 2012 fixose unha grande homenaxe a regueifeiros, bailadores, comparseiros e pandereteiras de Mens e Asalo. Houbo exposición de fotografías antigas e proxeccións audiovisuais. Neste acto participou o director de Aturuxo, entidade que lembrou que lle debe parte da súa identidade a estos artistas que "abriron unha nova forma de entender o folclore a moitas outras agrupacións, foi o comezo para formar grupos de pandereteiras e para recoller as pezas dunha maneira máis real".
Temas
Más en Sociedad
-
Aprobado el nuevo tamaño de las maletas de mano: queda poco para que podamos viajar así
-
Cita con Angie Bru, la doctora que vino a España y se "fugó" a Alemania: "Un médico feliz, que gana más, es un paciente feliz"
-
La FP que viene: más prácticas y ya en 1º, más inglés y optativas para afinar la capacitación
-
As iranianas Nilufar Hamedi e Elahe Mohammadi gañan o Premio José Couso á Liberdade de Prensa