Case 50 axudas para a etapa posdoutoral
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional adxudicou as 46 axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema Universitario Galego, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego deste ano 2019.
Son 46 axudas cun orzamento total de 5.729.000 euros, cun importe máximo de 49.900 euros anuais cada unha delas, con contías variables en función do destino dos dous primeiros anos de estadía. Ademais, as axudas destinadas ás persoas investigadoras que obteñan a condición de bolseiras Fulbright terán unha dotación complementaria de 5.000 euros en cada ano de estadía. Esta convocatoria quere contribuír a reducir o desequilibrio entre mulleres e homes dedicados á investigación, polo que á hora de conceder as axudas tívose en consideración o peso relativo das mulleres nas propostas presentadas, de maneira que se potencie o seu número e a calidade do seu traballo. Das 46 axudas, 25 son para mulleres.
O obxecto do programa é axudar ás universidades do SUG, aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia e aos centros do Consello Superior de Investigacións Científicas e ao Instituto Español de Oceanografía.
Temas
Más en Sociedad
-
Aprobado el nuevo tamaño de las maletas de mano: queda poco para que podamos viajar así
-
Cita con Angie Bru, la doctora que vino a España y se "fugó" a Alemania: "Un médico feliz, que gana más, es un paciente feliz"
-
La FP que viene: más prácticas y ya en 1º, más inglés y optativas para afinar la capacitación
-
As iranianas Nilufar Hamedi e Elahe Mohammadi gañan o Premio José Couso á Liberdade de Prensa