Mellora de competencias dixitais
O alumnado de 50 centros educativos de toda Galicia participará durante dous cursos académicos no proxecto Digicraft, que ten como obxectivo a mellora das competencias dixitais dos máis novos.
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, salientou que Galicia é unha das poucas comunidades autónomas que está facendo unha aposta "serie e global" polo uso "seguro e crítico" da tecnoloxía nas aulas desde a etapa de infantil, e sempre "coidando incorporar contido humanístico á revolución tecnolóxica que vivimos".O proxecto Digicraft no teu cole é, segundo a conselleira, "unha aproximación diferente que trata de achegar os estudantes ao mundo dixital converténdoos en creadores, non como consumidores". Esta iniciativa vén complementar a estratexia de Galicia para avanzar na transformación dixital das aulas e na capacitación dixital dos galegos.
Para a Xunta é importante espertar as vocacións tecnolóxicas entre os máis novos con propostas como o Digicraft, enmarcada no Plan de Promoción do Talento Dixital, DigTalent, ao que está adherido Vodafone. Ademais do reforzo de competencias dixitais nas aulas, o programa axuda a emprender, solucionar problemas, traballar en equipo e mellorar o razoamento crítico.
Temas
Más en Sociedad
-
No fue 'El Cabra' quien asesinó con su narcolancha a los guardias de Barbate, según un nuevo informe policial
-
Ellos financian OnlyFans: las cifras detrás de la nueva era del porno virtual
-
La madre del niño Gabriel convoca una concentración contra los que se “lucran” con la muerte de su hijo
-
Hallan en Málaga a una menor que se crió en Suiza sin contacto con la sociedad