Síguenos en redes sociales:

A Xunta recoñece o traballo de cinco centros co selo biblioteca solidaria

A Xunta recoñece o traballo de cinco centros co selo biblioteca solidariaDISTINTAS ACTIVIDADES DEL COLEGIO SAN MARCOS DE ABEGONDO, PREMIO DEL MINISTERIO DE EDUCACION EN EL CONCURSO NACIONAL DE BUENAS PRACTICAS EDUCATIVAS EN LA CATEGORIA DE USO Y APLICACION DE LA TECNOLOGIAS APLICADAS A LA EDUCION. UN ALUMNO CON UN ESCORNABOT.

A Xunta de Galicia vén de recoñecer o traballo de cinco centros educativos co Selo Biblioteca Escolar Solidaria. O obxectivo é premiar bibliotecas que traballan de forma salientable a compensación de desigualdades e fomentan o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar.

Os centros galardoados son os colexios CEIP Plurilingüe San Marcos (Abegondo), CEIP Plurilingüe de Outes (Outes) CEIP Pedro Antonio Cerviño (Campo Lameiro) e CEIP Plurilingüe de Chancelas (Poio) así como o Centro Integrado de FP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense).

Cada un deles recibirá unha asignación de 1.500€euros, así como un diploma acreditativo e o selo en arquivo dixital, que poderán inserir nos espazos web e outras publicacións da biblioteca escolar como distintivo de calidade en termos de traballo solidario e a favor da comunidade escolar. De xeito parello, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades resolveu recoñecer o traballo doutros 10 centros de Infantil e Primaria en materia voluntariado de lectura, iniciativa integrada nos programas de voluntariado da Consellería de Política Social. Os premiados son o CEIP dos Muíños (Muxía), CPI Plurilingüe de Fonte-Díaz (Touro), CEIP Plurilingüe Virxe do Carme (Sober), CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso (A Pobra de Trives), CEIP do Foxo (A Estrada), CEIP Plurilingüe Montemogos (Bueu), CEIP de Petelos (Mos), CEIP Fermín Bouza Brey (Ponteareas), CEIP de Randufe (Tui) e CEIP Eduardo Pondal (Vigo).

Pulsa para ver más contenido para ti