O terceiro concurso de microrrelatos de Gadis levará a temática dos soños
Deberán ocupar unha extensión mínima de tres palabras e un máximo de cen
Gadis convoca a terceira edición do seu concurso de microrrelatos, coa temática dos soños. As pezas deberán ocupar unha extensión mínima de tres palabras e máxima de cen. E poderán seguir estas pautas: “Soñar é anhelar, durmir, imaxinar. Poñerse metas e querer conseguilas. Que son para ti? Que soños tes para o futuro?”.
A cadea de supermercados anima a participar aos maiores de 14 anos, co obxectivo de “descubrir talentos emerxentes”. O prazo de presentación remata o 31 de agosto e as indicacións aparecen en www.gadismicrorrelatos.com. Os textos terán que ser inéditos, tanto en galego como en castelán.
Os microrrelatos finalistas serán recopilados nun libro que Gadis editará o próximo outono. Sairán á rúa 12.000 exemplares que se regalarán nos puntos de venda de Galicia e Castela e León. Tamén se poderán descargar na web en formato dixital. O primeiro premio é un iPad; o segundo, un telescopio e, o terceiro, un lector de libros electrónicos Kindle.
Nas dúas anteriores edicións participaron máis de 2.500 persoas. “A emotividade dos reencontros despois do confinamento en 2020 e os descubrimentos na vida cotiá do 2021 deron paso aos soños neste 2022”, indica Gadis.
Temas
Más en Sociedad
-
La inclinación de venas pulmonares en el corazón influye en el riesgo de trombos, según un estudio
-
Málaga estudia contratar arqueros para cazar jabalíes que entren en zonas urbanas
-
Muere el oso rescatado en Cantabria tras no superar los efectos de la anestesia
-
CSIF, CCOO y UGT amenazan con movilizaciones si no se aprueba la ley de Bomberos Forestales antes de verano