Lourenzá, terra natal de Del Riego, acollerá o pleno extraordinaro do Día das Letras Galegas
Intervirán Xesús Alonso Montero, Francisco Díaz-Fierros e Margarita Ledo
Lourenzá, terra natal de Francisco Fernández del Riego, escritor ó que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas, será o escenario do acto central do sinalado día que a Real Academia Galega (RAG) lle dedica a don Paco.
A sesión extraordinaria e pública do 17 de maio desenvolverase a partir da 12.30 horas no centro de usos múltiples de Ponte de Cuñas e contará coas intervencións académicas de Xesús Alonso Montero, Francisco Díaz-Fierros e Margarita Ledo Andión, que abordarán nos seus discursos distintos aspectos sobre a figura e a obra do homenaxeado. A música correrá a cargo do cuarteto Souto Xímaro (Lourenzá) e do coro Mestre Pacheco (Mondoñedo). O pleno extraordinario, de entrada libre ata completar a capacidade do recinto, poderá seguirse tamén en directo dende academia.gal.
Xesús Alonso Montero afondará na súa intervención nun episodio que ilustra o importante papel que Francisco Fernández del Riego exerceu como ponte entre a Galicia da diáspora e o exilio interior, Francisco Díaz-Fierros centrarase no devir da paisaxe na obra do homenaxeado e Margarita Ledo Andión abordará a relación que don Paco, prolífico articulista dende os anos 30 do século pasado, mantivo cos medios de comunicación, consciente da importancia da prensa como esfera pública. Pechará o acto o presidente da RAG, Víctor Freixanes.
A RAG dedícalle o Día das Letras Galegas a Francisco Fernández del Riego cadrando cos 110 anos do seu nacemento e o 60 aniversario desta conmemoración, unha idea impulsada polo propio don Paco ao pouco de ser nomeado académico de número.
Exposición
Pola súa banda, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participaron onte en Lourenzá na inauguración da exposición Francisco Fernández del Riego. Cos ollos de espírito, impulsada pola Xunta de Galicia e producida por Editorial Galaxia coa colaboración da Fundación Penzol e a RAG para dar a coñecer a figura do homenaxeado nas Letras Galegas 2023.
Temas
Más en Sociedad
-
Busca cuántas personas de más de cien años viven en tu municipio
-
Lidl vende la máquina para hacer tortillas que está arrasando en el mercado por menos de 20 euros
-
El banco de productos donde la dignidad también está en un tinte o en ropa interior limpia
-
Manuel Anguita, cardiólogo: "La vida es estrés, cada vez más, y el quid está en cómo reaccionamos para no dañar el corazón"