A Real Academia Galega volta a Mondariz e nomea académica a Kathleen March
A institución participa na conmemoración dos 150 anos da declaración de utilidade pública das augas | Fai cento tres anos fora nomeado nesa vila Ramón Cabanillas
A localidade de Mondariz Balneario acolleu onte unha serie de actos con motivo da volta a vila da Real Academia Galega (RAG), cento tres anos despois daquela primeira vez, o 30 e 31 de agosto de 1920, cando se lle deu entrada ao poeta Ramón Cabanillas, e era a primera vez que a institución, presidida entón por Manuel Murguía, realizaba un acto fóra da súa sede na Coruña. Onte a RAG deu entrada á catedrática emérita da Universidade de Maine (EEUU), Kathleen March, referencia na proxección internacional da literatura galega, que ingresou como membro de honra.
Kathleen March (Rochester, Estado de Nova York, 1949) é galega por elección e contribúe de forma destacada dende hai décadas á proxección internacional da literatura galega como crítica literaria e tradutora. En recoñecemento á súa labor pasada e aos proxectos que segue a desenvolver, a Real Academia Galega recibiuna no Balneario de Mondariz como membro de honra. A filóloga e fundadora da Galician Studies Association hai máis de trinta anos.
O presidente da Real Academia Galega, Victor Fernández Freixanes, acompañado dun numeroso grupo de académicos e académicas da lingua galega foi recibido na localidade balnearia polo alcalde, César Gil, nun acto no que estivo acompañado por outros rexedores da comarca, a deputada de Turismo da Deputación de Pontevedra, Nava Castro, e outras personalidades.
No acto inicial, na Casa do Concello, o Alcalde, César Gil, referiuse ao esplendor de Mondariz Balneario nos anos vinte do século pasado e dixo que se está “a tempo de recuperalo”. Destacou que “como alcalde é un orgullo recibir aos académicos” e sinalou que será a súa casa.
Após unha presentación dos 150 anos da declaración da auga de Mondariz como de utilidade pública a cargo do experto en Turismo de Mondariz Balneario, Valentín Verea, intervíu o presidente da Fundación “Mondariz Templo del Agua”, Francisco Carrera, que lembrou o seu traballo a carón do empresario Javier Solano no renacer de Mondariz Balneario, entrados os anos oitenta.
Nava Castro, representando á deputación de Pontevedra, asegurou que Mondariz Balneario soubo convertirse nun dos referentes do turismo da provincia de Pontevedra, tamén nos últimos tempos “polo que nos sentimos orgullosos”. A tamén responsable de Turismo da Deputación, amosou o seu convencemento de que Mondariz Balneario seguirá a ocupar un lugar de honra no turismo da comarca.
Tamén se dirixiu ás persoas presentes Freixanes, que falou da riqueza das augas termais de Galicia botando man de referencias xeolóxicas e falando da “memoria tectónica” para referirse as propiedades que garda, dende hai millóns de anos, a auga mineral. Lembrou o acto de hai cen anos, ao que faltou Manuel Murguía, “porque era centenario e non puido desplazarse”. Dixo tamén, que nalquel momento, Mondariz era un referente da cultura galega e europea, “pola cantidade de personalidades que nos visitaban”.
Freixanes lembrou a Cabanillas como unha personalidade moi vencellada á vila “aquí traballa contratado por Peinador, responsable de moitas actividades... e en Mondariz Cabanillas escribe e publica algunhas das súas obras de referencia”.
Temas
Más en Sociedad
-
La familia del valenciano en coma en un hospital de México ya ha pagado 36.000 euros al hospital de Cancún
-
Liberado un edificio en Tenerife de 43 viviendas: algunos ‘okupas’ tenían Mercedes y Audis y ofrecían la casa como vivienda vacacional
-
Aumentar la donación en vivo, uno de los grandes retos del exitoso modelo español de trasplantes
-
Andalucía, Cataluña, Madrid y Comunidad Valenciana, las comunidades con más llamadas al teléfono 024 de atención al suicidio