Síguenos en redes sociales:

‘Cibercarracho’, ‘cooficialidade’ e ‘feitiño’, entre as seis candidatas a Palabras do 2023

“Biodiversidade”, “cibercarracho, -a”, “cooficialidade”, “dereitos humanos”, “educación emocional” e “feitiño, -a” son o seis candidatas a ser Palabra do Ano 2023, para o cal a cidadanía xa pode votar até as 23.59 horas do luns 25 de decembro.

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié, promotoras da web de divulgación Portal das Palabras, destacan que todas as finalistas “están relacionadas con preocupacións sociais en aumentos ou acontecementos que deixaron unha profunda pegada na cidadanía por diversos motivos”.

Pulsa para ver más contenido para ti