Literatura, nos xardíns de Méndez Núñez
A Festa do Libro que se inaugurou onte nos xardíns de Méndez Núñez carece este ano da presenza das Bibliotecas Municipais na rúa. Durante esta semana haberá actividades relacionadas coa literatura. Cinco son as librerías que se decidiron este ano a levaren os seus exemplares fóra das paredes e a poñelos á venda nos xardíns. O BNG denuncia que, desde a chegada do PP ao Goberno local, a partida para esta festa foise reducindo co paso dos anos, tanto que, dos 10.300 euros que se outorgaron á Agrupación de Libreiros da cidade en 2011 para facer esta actividade, tan só se mantiveron 4.000 euros nesta edición. A entidade denuncia que a tardanza na comunicación do apoio institucional á feira e a complicada situación económica do sector reduce á metade o número de casetas abertas este ano. O martes, no Fórum Metropolitano, Lucía Aldao e María Lado presentarán Con dez poemas por barba.
Más en A Coruña
-
Impulso a la investigación de la Universidade da Coruña: de una cátedra con Inditex a IA contra emergencias
-
La Fiscalía pide 29 años de cárcel para tres acusados de matar a un hombre en A Coruña al que reclamaban dinero
-
Las entradas para ver a Ricky Martin en el Coliseum, entre 60 y 120 euros
-
Escrivá e Inés Rey concretan el calendario de puesta en marcha de la Aesia