Nova Galega de Danza lembra a Manuel María no décimo cabodano do seu pasamento
O teatro Colón volveu homenaxear a figura do poeta Manuel María co espectáculo Lúas de Outono, promovido pola fundación que leva o seu nome e que nesta ocasión lembraba o décimo aniversario do seu pasamento. A compañía, que nacía meses despois de que o chairego falecese na Coruña, ofreceu unha función na que combinou danza, música en directo e poesía.
Ademais do repertorio habitual do grupo, os artistas decidiron incluír pezas especiais baseadas na obra literaria de Manuel María. "Non é casual a escolla de Nova Galega de Danza", recoñecía a pasada semana Alberte Ansede, secretario da institución, que sinalou como ambos mesturan "tradición e modernidade, combinando elementos de vangarda". Ansede salientou que Nova Galega de Danza representa "o relevo natural de Manuel María, ao tratarse de dúas manifestacións artísticas diferentes pero confluentes".
A entrada para o espectáculo, como cada ano, foi gratuíta para lembrar a figura do poeta chairego, que pasou os últimos anos da súa vida no barrio de Monte Alto, onde mantivo unha intensa actividade.
Más en A Coruña
-
Las entradas para ver a Ricky Martin en el Coliseum, entre 60 y 120 euros
-
Escrivá e Inés Rey concretan el calendario de puesta en marcha de la Aesia
-
Editors, Lola Índigo, Juan Magan e Iván Ferreiro cierran el cartel del Morriña Fest 2024
-
Un concurso pone a prueba a los cerveceros caseros para versionar la 1906