Unha zona natural en perigo
"Todo o rural da Coruña está en perigo", opina Cosme Damián Romay, quen salienta que esta situación é aínda máis preocupante na zona do río de Mesoiro en Feáns "porque hai moito interese neses terreos, especialmente para infraestruturas". Segundo el, se a moratoria imposta pola crise ao desenvolvemento urbanístico non se prolonga, o futuro deste lugar é "bastante malo".
A principal medida de protección que debería implantarse no lugar sería o respecto a unha faixa de 20 metros a ambas marxes do cauce, para o que advirte de que cando se constrúen os accesos cara este tipo de espazos, debe facerse de forma axeitada para non rachar coa contorna. "Un dos valores desa zona é a tranquilidade", comenta o investigador sobre o bosque existente na ribeira do río en Feáns, como puideron comprobar os participantes na limpeza, que retirou 300 quilos de lixo do lugar, no que Romay é partidario de restaurar parte do bosque e de aumentar a faixa de protección.
Más en A Coruña
-
Un trabajador del acuario y la Policía Local rescatan a un hombre que se tiró al mar en A Coruña
-
¿Qué hacer hoy en A Coruña? Agenda del miércoles 1 de mayo
-
Bershka estrena en A Coruña su nuevo modelo de tienda para centros comerciales
-
Retirada de árboles en Matogrande por la ampliación de Alfonso Molina