Un río para capturar lembranzas
O documental 'Esquece Monelos', estreado onte, conta a historia dun río e de todas esas cousas que, por calalas e agochalas, parece que non existen
Esquece Monelos conta a historia dun río, pero tamén de todas esas cousas que, por calalas e agochalas, parece que non existen. Fala do soterramento do río Monelos, da perda da memoria e de tratar de entender como enfrontarse a unha realidade que non é a esperada, e fala da historia, da política e do progreso, da chegada da industria e das superficies comerciais e fala en primeira persoa, porque as lembranzas da cidade están compostas dos recordos de cadaquén. Dous dos seus protagonistas, Bienvenido Gabarri e o exalcalde Liaño Flores, xuntáronse onte nun teatro Rosalía ateigado para ver a preestrea da primeira longametraxe de Ángeles Huerta, un paseo pola memoria, con final feliz.
ESQUECE MONELOS - TRAILER from DangaDanga on Vimeo.
Pulsa para ver más contenido para ti
Más en A Coruña
-
La banda coruñesa Bala acompañará a Queens of the Stone Age en el Coliseum
-
Una psiquiatra de A Coruña adicta a los psicotrópicos acepta dos años de cárcel por falsificar 860 recetas
-
Cesuga, EF Business School y Ayuntamiento de A Coruña lanzan un programa de transformación digital
-
Las calles Médico Rodríguez y Fernando Macías estarán cortadas al tráfico dos noches
Comentarios
Ver comentarios