A Sareb recorre a caducidade da licenza do seu edificio inacabado na Fontenova
Unha inmobiliaria leva ao xulgado a denegación para unir dous edificios na rúa San Agustín
A Sociedade de Xestión de Activos procedentes da Reestrucuración Bancaria (Sareb) presentou un recurso xudicial contra a decisión do Concello de declarar caducada a licenza de dun edificio de vivendas no lugar da Fontenova. O Goberno local xa rexeitara o recurso de reposición que formulara o tamén coñecido como banco malo, que se fixo con este inmoble cando foi incluído entre os activos tóxicos de Caja España, a entidade financeira que o financiou e que quedou con el trala quebra da promotora Teconsa.
A Xunta de Goberno Local aprobará mañá o persoamento do Concello no recurso da empresa. O edificio está construído só nun 25%, aínda que a carón do mesmo hai outro da mesma promoción que está case rematado e que foi okupado durante meses no ano 2012.
O Goberno local tamén defenderá no xulgado a denegación dunha licenza de rehabilitación e agrupación funcional de dous edificios da rúa San Agustín, tralo recurso presentado por Inversiones Sanpe contra esta decisión.
Temas
Más en A Coruña
-
Un trabajador del acuario y la Policía Local rescatan a un hombre que se tiró al mar en A Coruña
-
¿Qué hacer hoy en A Coruña? Agenda del miércoles 1 de mayo
-
Bershka estrena en A Coruña su nuevo modelo de tienda para centros comerciales
-
Retirada de árboles en Matogrande por la ampliación de Alfonso Molina