Síguenos en redes sociales:

Encarnación Jorge, responsable de Charcutería Chris (Elviña)

"Logo do coronavirus volverá todo ao de antes, ou peor pola crise"

"Logo do coronavirus volverá todo ao de antes, ou peor pola crise"

O comercio de Encarnación Jorge eríxese nunha das urbanizacións do barrio de Elviña, integrada por "moita xente nova que chegaba á casa pola noite xa coa compra feita". Agora, coa maioría das tendas pechadas e as actividades a medio gas, a Charcutería Frutería Panadería Chris debuxouse para eses mozos coma unha opción. No seu local son todo luvas e máscaras, e iso, aseguran, xera "máis confianza" nos clientes. Porén, Jorge desconfía do impacto real que a corentena terá nos pequenos negocios, e opina que "logo do coronavirus volverá todo ao de antes, ou peor pola crise" económica.

Pulsa para ver más contenido para ti