Unha cuestión de civismo
A miúdo, o carácter dunha cidade identifícase a partires da arquitectura, a paisaxe, o transporte, o patrimonio histórico, a ecoloxía, os equipamentos ou as relacións sociais, mais tamén pola limpeza das súas rúas. Boa parte do orgullo coruñés radica precisamente nesa condición. Así que comprendo o asco e indignación da xente que se tropeza con restos de todo tipo de enseres, electrodomésticos ou colchóns espallados polas rúas, principalmente ao carón dos contenedores. Parece mentira que contando, como se conta, cun servizo tan eficiente de recollida para o que só é necesario telefonear ao 010 solicitando día e hora para depositar esos residuos teñan que ser precisamente persoas alleas aos infractores quenes reclamen o servizo.
O caso é que na idea de limpeza hai un contido de autoestima que trascende os límites do civismo, mais tamén un signo de desapego social e de autodesprezo individual. Trátase, en definitiva, dunha cuestión de civismo, mais tamén de gusto personal. Por iso, non é unha cuestión trivial, xa que as veces o problema suscita acaloradas discusións entre a propia veciñanza, situación que non pode converterse nunha práctica común nen tampouco caer no abandonismo que poida desembocar nun modo de vida cada vez máis insolidario.
Sería unha ocasión única para que as asociacións veciñais puxeran en práctica unha campaña de sensibilización veciñal nas súas correspondentes demarcacións para eliminar de nosas rúas esas estampas deplorabeis e para que non se convirtan en marca exclusiva da casa.
Temas
Más en A Coruña
-
Un trabajador del acuario y la Policía Local rescatan a un hombre que se tiró al mar en A Coruña
-
¿Qué hacer hoy en A Coruña? Agenda del miércoles 1 de mayo
-
Bershka estrena en A Coruña su nuevo modelo de tienda para centros comerciales
-
Retirada de árboles en Matogrande por la ampliación de Alfonso Molina