Síguenos en redes sociales:

A Coruña celebra a festa da música de raíz

Os Premios Opinión recoñecen este ano o labor de dúas agrupacións históricas galegas, Xacarandaina e Treixadura

Premios Opinión de Música de RaízMiguel Miramontes

55

This browser does not support the video element.

Premios Opinión de Música de Raíz | Álvaro Iglesias

A gala da entrega dos Premios Opinión de Música de Raíz, a festa coruñesa deste estilo musical, desenvolveuse este serán no teatro Rosalía de Castro, onde dúas formacións cunha longa traxectoria artística, Xacarandaina e Treixadura, recibiron os galardóns concedidos nesta edición, a número vintetrés dende a súa creación.

This browser does not support the video element.

Premios Opinión de Música de Raíz | Autoridades

O espectáculo Endaterra, producido por Xacarandaina, obtivo o premio ao Acontecemento Musical do Ano, mentres que Treixadura foi elixida para o que leva a denominación de Andaina Senlleira polos seus máis de trinta anos de labor divulgativa sobre a música tradicional galega sobre os escenarios.

This browser does not support the video element.

Premios Opinión Música de Raíz | Inicio da gala

Xacarandaina fixo unha pequena mostra do seu traballo sobre a danza galega no Rosalía, no que tamén actuaron a cantautora Antía Muíño e o contrabaixista Álvaro Iglesias. A función contou coa colaboración do Concello da Coruña, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Gadisa e Audias.

This browser does not support the video element.

Premios Opinión de Música de Raíz

Pulsa para ver más contenido para ti