Síguenos en redes sociales:

Morre Dorothé Schubarth, a suíza que preservou a música popular galega

Fondo pesar na cultura galega tras a morte da etnomusicóloga que percorreu as aldeas de Galicia nos 70 e 80 para gravar o cancioneiro tradicional

Recibiu o PREMIO OPINIÓN Andaina Senlleira en 2014

Morre Dorothé Schubarth, a suíza que preservou a música popular galega13fotos

Fondo pesar na cultura galega. O pasado mércores morreu nun hospital de Basilea aos 79 anos Dorothé Schubarth, a etnomusicóloga suíza que nos anos 70 e 80 percorreu as aldeas do país para rescatar as súas músicas populares. Recibiu o PREMIO OPINIÓN Andaina Senlleira na edición de 2014.

A nova do facelecemento coñeceuse na mañá deste venres e provocou reaccións en cadea. A Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega ou o Museo do Pobo Galego, ademais de numerosos usarios das redes sociais, manifestaron a súa tristura e, sobre todo, o seu agradecemento polo traballo de Schubarth.

Xunto co filólogo Antón Santamarina, a etnomusicóloga recolleu o seu homérico traballo de campo no Cancioneiro popular galego.En realidade, Dorothé Schubarth chegou a Galicia de vacacións en 1978, cando xa era unha investigadora recoñecida, autora de O canto popular en Europa e catedrática de Harmonía e Contrapunto da Academia de Música de Lucerna.

Pero a súas áreas de estudo centrábanse no Balcáns, o Cáucaso, Alemaña e Francia. Aquí ficou impactada pola riqueza musical do repertorio tradicional galego. Nos seguintes cinco anos, coa axuda de Santamarina, percorreu o país para rexistrar e preservar ese tesouro a piques de desaparecer.

Cos anos, a súa tarefa foi amplamente recñocida, tanto polos músicos como polas institucións. Hoxe, no sitio web do Museo do Pobo Galego, pódense consultar todas as súas gravacións.

Pulsa para ver más contenido para ti