Síguenos en redes sociales:

A pé de rúa

Carto fresco para a base

Carto fresco para a base

Cartos frescos para o fútbol afeccionado coruñés, para catro clubes polos que pasou Lucas durante a súa formación. En total serán medio millón de euros, que non é pouco para entidades que sofren para chegar a final de ano. O máis beneficiado vai ser o Victoria, o equipo no que comezou a darlle patadas ao balón e no que estivo desde os sete ata os 16 anos. Nos todos computan para o millón que teñen que repartir todos os beneficiarios, hai que comezar a contar desde os 12 anos, e desde aí Lucas estivo cinco temporadas no clube branquinegro, dous como infantil, dous como cadete e un como xuvenil o que dá un total de 300.000 euros, segundo as táboas da FIFA. Tamén o Atlético Arteixo leva una cantidade interesante polo ano que tivo o de Monelos nos seus xuvenís; esa mesma cifra terán que repartila, supoño, Órdenes e Montañeros, xa que nunha temporada estivo nos dous equipos, aínda cun conflito federativo polo medio que resolveu a Federación. A outra metade dos cartos xa marcharán para Vitoria (Alavés) e Madrid (Atlético e Rayo). Claro que estas cantidades non son netas, porque estes equipos cativos terán que pagar a Facenda a parte correspondente, que podería supor ata un 30% do que lles corresponda. En calquera caso, una axuda, merecida, para seguir traballando con outro rapaces, moitos dos que agora tamén soñan con ser Lucas. Porque levar un club afeccionado non é doado, nin é barato. Na capital -segundo a estrutura de hai uns anos das competicións da zona- agora son os pais os que manteñen e posibilitan que os seus fillos xoguen, con cotas de ata 30 euros ao mes, segundo o caso. E tamén os socios, e certa aportación do concello através da AFAC, pero os de fóra, caso do Atlético Arteixo, viven dos seus socios e dos cartos que van xerando por medio da publicidade. Non é doado. Supón moito traballo, e queda xente que o segue a facer. Por iso, que un futbolista chegue a instalarse na elite supón un premio como recoñecemento a este labor. O Victoria cobra por Lucas, como podería ser outro clube, porque o Victoria formou a Lucas. Ata os 23 todos teñen dereito a cobrar. Fíxoo o Deportivo por Filipe Luis e tamén está pendente de cobrar por Borja Bastón.

Pulsa para ver más contenido para ti