Síguenos en redes sociales:

"Qué duda cabe!"

A verdade é que non estou sorprendido

A verdade é que non estou sorprendido

Non me pode sorprender o que aconteceu onte en Riazor. Como diría a miña nai, ou a de calquera outro, xa o sabía eu! Xa van tres partidos seguidos cedendo outros tantos empates porque o Deportivo non foi quen de cerralos, como se di agora. Que se pode agardar dun encontro no que non es quen de rematar máis que unha vez. Foi o que aconteceu. Non mereceu gañar Las Palmas; mereceu perder o cadro coruñés. Téñoo moi claro. Non sei a que xogou, pero tampouco ten excesiva relevancia; sei que non fixo nada para gañar. Certo, perdón, tivo unha Domingos Duarte ao comezo do partido. Se chegase entrar ... verdade? E despois? Que ofreceu o equipo? Que solucións se adoptaron para que as cousas mudasen e amosar algo diferente? Eu so atopo unha palabra: nada. Eu, que son positivo desde que nacín, pensaba en doce puntos seguidos coas visitas aquí do Alcorcón, Las Palmas, Almería e o non partido de Reus; agora non sei eu se este equipo sumará a vindeira fin de semana os tres puntos que se lle dan a aquel que lle corresponde enfrontarse catalán; é quen de empatar. E non, o árbitro non é o responsábel desta derrota, malia que si é certo que puido ser máis severo con algúns xogadores canarios, especialmente con Lemos pola reiteracións nas faltas. Non foi deses encontros no que o equipo crea ocasións, do xeito que sexa, e non marca; foi un deses encontros no que o porteiro visitante tivo case menos traballo que o locatario. Las Palmas non fixo nada para gañar, pero rematou unha vez por dentro.

Pulsa para ver más contenido para ti