"O importante é que a xente saiba usar o galego. Que se fale máis ou menos é unha decisión persoal"
-O galego cada vez se fala menos entre a xente nova. Ten algunha medida para revertir isto?
-Nós apoiamos que haxa trilingüismo na escola. Defendemos a aprendizaxe e uso do galego porque é o noso patrimonio cultural, pero tamén hai que coñecer o inglés para que os nosos nenos poidan facer fronte a este mundo globalizado. A utilización e coñecemento do galego ímolo apoiar, igual que a aprendizaxe da literatura galega.
-Pero preocúpalles que cada vez se fale menos o galego?
-Non sei realmente a que se debe esa menor utilización. O realmente importante é que a xente aprenda galego na escola e saiba comunicarse con el. Que se use máis ou menos é unha decisión persoal. No meu traballo, por exemplo, teño que empregar inglés, francés e ás veces portugués. Depende do contexto. O importante é que os nenos saiban expresarse en galego.
-Pero as linguas están para facer uso delas. Se non se empregan, que utilidade teñen como ferramenta de comunicación?
-Iso é unha decisión persoal de cada quen. Non sei se son preocupantes ou non as cifras de uso do galego. Podemos coñecer idiomas e non utilizalos, o importante é saber empregalos.
Temas
Más en Elecciones en Galicia 2024
-
El recuento del voto emigrante se inicia hoy con escasas opciones de hacer bailar escaños
-
Un tercio de los concellos registra una abstención superior a la media gallega
-
Los expertos creen que el BNG debe mantener el foco en las políticas sociales para crecer
-
Casi la mitad de los parlamentarios electos del 18-F debutan en esta legislatura