Síguenos en redes sociales:

Quince anos contra o silencio

O 28 de outubro do 2000 levouse a cabo a exhumación de trece vítimas da Guerra Civil na localidade ourensán de Priaranza do Bierzo

Tiveron que pasar máis de sesenta anos para aplicar métodos científicos na apertura da primeira fosa da Guerra Civil. Foi o 28 de outubro do 2000 na localidade ourensán dePriaranza do Bierzo onde se levou a cabo a exhumación de trece vítimas da Guerra Civil que impulsou o nacemento da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica presidida por Emilio Silva. Silva comparte o nome co seu avó, a primeira vítima da represión franquista identificada cunha proba de ADN tras ser fusilado o 16 de outubro de 1936. Na súa exhumación participaron catro arqueólogos, unha antropóloga forense e unha bióloga. Nestes 15 anos foron recuperados e identificados 6.300 corpos desaparecidos, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica conseguiu abrir un proceso xudicial en Arxentina contra o franquismo e impulsou no Congreso dos Deputados unha Lei da Memoria Histórica. A súa loita contra o silencio que cumpre hoxe quince anos súmase á da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica que lembra a historia de Emilio Silva.

Pulsa para ver más contenido para ti