Descuberta dunha placa conmemorativa e asemblea no Pazo Provincial
O programa de actos da XII Asemblea da Irmandade Xurídica Galega en Pontevedra, celebrada o pasado domingo 2 de xuño, comezou as doce horas coa descuberta desta placa conmemorativa dos trinta anos da primeira sentenza ditada en galego nos exteriores da Audiencia. Ás doce e media deu comezo no Pazo Provincial da Deputación a asemblea coa incorporación dos novos irmandiños e irmandiñas.
A xornada rematou cun xantar de confraternidade no restaurante La Brisa de Lourido. Este ano, a Asemblea da Irmandade Xurídica Galega estivo dedicada ao centenario do xurista nado en Caldas de Reis Xosé Fariña Jamardo, autor de múltiples obras e que, entre outros cargos, chegou a ostentar a secretaría da Deputación de Pontevedra onde se celebran parte destes actos.
Temas
Más en Galicia
-
Portugal acuerda liberar los peajes vigentes desde 2010 y recupera la gratuidad en la A-28
-
Solo dos grandes áreas urbanas gallegas recuperan población perdida por el COVID
-
La plaga de moscas afecta a 21 concellos y la Fegamp urge a la Xunta a coordinar acciones
-
El mal tiempo no da tregua: alerta por lluvia y fuertes vientos en el arranque de mayo