Xornada de convivencia entre grupos folclóricos oleirenses
Compartir unha comida, unha conversa e unhas pezas musicais baixo a sombra das árbores. Eso fixeron o pasado domingo sete agrupacións folclóricas do municipio de Oleiros nunha Foliada Tradicional que organizou o Concello para fomentar o espírito de convivencia, compartir experiencias e novos proxectos. Integrantes de grupos de baile e música de O Amanexo de Dexo, Os Rueiriños de Nós, Santaia de Santa Cruz, Semente Nova de Perillo, Dorna de Dorneda, Folliñas de Oleiros e Frouma, disfrutaron dunha xornada na que todos puideron botarse a tocar ou bailar libremente e na que os máis pequenos tamén mostraron os seus coñecementos. Para os rapaces ademais houbo oferta de xogos tradicionais, cos que puideron poñer a proba a súa habilidade e inxeñio. Realizáronse máis de trinta xogos, feitos de forma artesanal a partir de materiais de refugallo. Ao final houbo queimada.
Más en Gran Coruña
-
Un coruñés con antecedentes, investigado por media docena de robos y hurtos en Oleiros
-
Rioboo pide al Estado mejorar el paseo de la ría tras las obras
-
A Laracha estrenará en verano el nuevo depósito de agua potable
-
Miño pide permiso a Costas para ejecutar una pasarela de madera que atraviese la marisma