Un ano de letras en Bergondo
O Concello adica a escritores vencellados ao municipio as páxinas do calendario de 2018, que xa enviou a todos os domicilios dos veciños
A literatura protagoniza o calendario de 2018 en Bergondo. O Concello adica o almanaque a escritores vencellados ao municipio, ben por nacemento, falecemento ou residencia. Os almanaques xa se enviaron a todos os domicilios.
O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer "personaxes que, nalgún caso, poden ser descoñecidas para moitos e, ao tempo, presumir de bergondeses", asegura o Concello. A encargada de estrear o calendario como protagonista do mes de xaneiro é Dores Tembrás (doutora en Filoloxía Hispánica, escritora e editora). No almanaque aparecen tamén, entre outros, a recoñecida escritora galega Filomena Dato ou Miguelanxo Prado, o ilustrador encargado de dar vida ao Xabarín para a TVG.
En 2017 o calendario municipal adicárase á Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, polo que se pasa dunha temática turística e medioambiental a outra cultural, co obxectivo de "fomentar o patrimonio de Bergondo", sinala o Concello.
Temas
Más en Gran Coruña
-
Familias de escolares de O Graxal piden a la Xunta "medidas urgentes" por la "inaceptable" falta de limpieza
-
Un detenido y una investigada en Oleiros por una docena de robos y hurtos
-
300 rugbistas comparten melés en el campo de Oseiro
-
Janel, voluntario de Protección Civil durante 30 años, medalla al mérito a título póstumo