Síguenos en redes sociales:

A CORUÑA

A Deputación elixirá deputado do PSOE o 14 de marzo tras marchar Liñares

Os socialistas esgotaron os suplentes e os concelleiros teñen que presentar candidaturas

A renuncia do alcalde de Cerceda José García Liñares coma deputado provincial, despois da súa condena de ano e medio de cárcere por unha contratación, o PSOE atopouse conque esgotara a lista de candidatos suplentes para substituílo, polo que a Xunta Electoral Central convocou unha elección complementaria, encomendándolle ao secretario xeral da Deputación que presida e faga a elección de deputado segundo prevé a lexislación.

Deste xeito, acordouse convocar para o 14 de marzo ás seis da tarde unha sesión plenaria no Pazo Provincial para elixir o novo deputado entre os concelleiros socialistas dos municipios do partido xudicial da Coruña.

Nesta sesión serán sometidas a votación a lista ou listas presentadas polos concelleiros, avaladas polo menos por un terzo dos mesmos, que incluirán un candidato titular e tres suplentes.

As listas de posibles candidatos do PSOE para ser deputados deben presentarse por escrito no rexitro provincial antes das 14.00 horas do próximo 13 de marzo.

Pulsa para ver más contenido para ti