Falece un home despois de caerlle enriba a árbore da que cortaba unhas pólas
Os servizos médicos só puideron confirmar a morte, producida en Golmar
Un home de 65 anos faleceu o pasado venres pola tarde cando lle caeu enriba unha árbore en A Laracha. O accidente mortal produciuse na parroquia de Golmar. A vítima era veciña de Gosende, na parroquia de Soutullo, e estaba cortando pólas dun castiñeiro e caeulle enriba. O 112 de Emerxencias deu o aviso.
A vítima atopábase inconsciente e preto del había un tractor apagado. Sen embargo os servizos médicos ao chegar só puideron confirmar o falecemento. Ao lugar acudiron axentes da Policía Local, Protección Civil e Garda Civil.
En 2009 tamén morreu no municipio de A Laracha un veciño de 64 anos cando estaba cortando uns pinos. O home estaba talando unha finca da súa propiedade cando se lle veu enriba unha das árbores que cortaba. Neste caso foi trasladado con vida ao hospital de A Coruña pero morreu ao pouco tempo de chegar.
Temas
Más en Gran Coruña
-
Cambre declara la alerta sanitaria en los colegios y el centro de salud por falta de limpieza
-
La Policía Local detiene en Arteixo a un hombre en busca y captura
-
Arteixo se calza las zapatillas por su carrera popular
-
Fallece en Dexo el copropietario de la discoteca Chevalier de Santa Cristina, Ángel Canle