O instituto María Casares, premio Mil Primaveras polas 48 horas falando galego
A coordinadora de normalizadores da lingua destaca o impacto da iniciativa
A Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística otorgou ao instituto María Casares de Oleiros un dos seis galardóns da primeira edición dos seus Premios Mil Primaveras que recoñecen o fomento do galego no ámbito educativo e as iniciativas que axudan a difundir proxectos para aumentar o seu prestixio.
O instituto María Casares recibiu esta distinción nunha das súas seis categorías, a de mellor comunicación e impacto, pola campaña 48 Horas Falando Galego que se levou a cabo polo Día das Letras Galegas da man do profesor Nel Vidal, e que conseguiu que 200 alumnos dun instituto onde todos os rapaces son castelanfalantes, cambiasen de idioma durante 48 horas, por contrato.
O galardón recoñece como unha iniciativa de só dous días conseguiu un enorme impacto, tamén na prensa, e que ademais fixo xurdir o interese de outros centros educativos en copiala.
Temas
Más en Gran Coruña
-
Familias de escolares de O Graxal piden a la Xunta "medidas urgentes" por la "inaceptable" falta de limpieza
-
Un detenido y una investigada en Oleiros por una docena de robos y hurtos
-
300 rugbistas comparten melés en el campo de Oseiro
-
Janel, voluntario de Protección Civil durante 30 años, medalla al mérito a título póstumo