Síguenos en redes sociales:

Oleiros esixe á Xunta máis profesores de apoio nos centros educativos

O Goberno local de Oleiros denuncia que varios centros de ensino público do municipio comezaron o curso "carentes do persoal de apoio preciso" para que os estudantes teñan a atención axeitada. No colexio Valle Inclán de Perillo os pais xa denunciaron a perda dun dos dous profesionais de Audición e Linguaxe e a Xunta replicou que se mantén un especialista mentres que o outro é compartido.

O Concello dí tamén que no instituto María Casares hai dous profesores de Pedagoxía Terapéutica e unha cuidaddora que son "insuficientes" ao haber varios casos de "dependencia grave" que precisan dunha persoa case en exclusiva. Engade que no Parga Pondal falta un mestre para a materia Arts en Inglés, necesario para ser considerado centro plurilingüe.

Pulsa para ver más contenido para ti