Betanzos concede o premio Úrsula Meléndez a Carmiña do Moar, mestra panadeira
O Concello de Betanzos concederá este ano o premio Úrsula Meléndez a Carmiña do Moar, “unha muller que soubo liderar un negocio familiar dende nena”, a panadería Moar, “uns dos fornos máis antigos e tradicionais de Betanzos e probablemente tamén de España”, que pechou recentemente as súas portas.
Nun comunicado, o Concello destaca que Carmen Moar pasou 63 dos seus 71 anos traballando nesta panadería, que nunca perdeu a súa esencia. “Di moito de ela que soubese manter o sabor a pobo nun mundo onde a tecnoloxía xa facía estragos co tradicional”, destaca o Goberno municipal.
O Concello considera que Carmiña cumpre todas as cualidades para o que foi creado este premio: “Traballo en igualdade, esforzo e mérito como muller, sabendo dirixir o seu negocio sen perder o enxebre e a calidade”.
Temas
Más en Gran Coruña
-
Un camión se sale de la autopista AP-9 en Abegondo al chocar con un coche averiado
-
El Gobierno local de Cambre aprueba en solitario un reconocimiento para pagar 2,1 millones en facturas de 2023
-
Localizado en Cambre un octogenario que se ausentó de una residencia de mayores
-
Bergondo descubre y homenajea a sus referentes feministas