Síguenos en redes sociales:

Memoria feminina en Bergondo

Recoñecemento a catro mulleres significativas do municipio

Memoria feminina en Bergondo

Recuperar a historia e a importancia de destacadas mulleres de Bergondo, e darlle visibilidade á súa contribución á sociedade, é un labor e empeño do Concello nos últimos anos e no que onte dou un chanzo máis co acto oficial de poñerlle ao centro social de Ouces o nome de Antonia Pato Pardo , unha monxa que promoveu espazos educativos e apoiou a persoas vulnerables.

A este acto seguiron onte outros tres máis tamén co mesmo obxectivo, pois despois de darlle o nome ao centro social a alcaldesa, Alejandra Pérez Máquez, xunto coa concelleira de Servizos Sociais, Begoña Calviño, acudiron a Ouces, Moruxo e Guísamo para instalar placas conmemorativas nas que figura a fotografía e a historia de outras tres coñecidas mulleres do municipio: María Vázquez López, máis coñecida como María de Lorenzo, foi cociñeira de todas as vodas da zona antes de que houbese restaurantes, e ata cociñou para o rei Alfonso XIII. A placa que a lembra colocouse na fachada do centro social de Ouces bautizado onte.

Nunha vivenda en Moruxo outra placa conta a historia de Indalecia Juana Pérez Mesa, vinculada ao marisqueo a coitelo, entre outros traballos. No centro de saúde de Guísamo homenaxease a Natividad Martínez Pan, Nati de Pan, documentalista e escritora.

A este “acto moi emotivo”, como definiu a rexedora, asistiron familiares e amigos das homenaxeadas.

Pulsa para ver más contenido para ti