Síguenos en redes sociales:

‘Clip’ feminista e solidario de Susana Seivane

‘Clip’ feminista e solidario de Susana Seivane

Non é non, é o título dun tema que Susana Seivane compuso durante o confinamento pola pandemia e que presenta agora cun videoclip solidario e feminista no que amosa as ruínas da aldea asolagada de Aceredo, en Lobios. A autora destinará os fondos acadados coas visualizacións a asociacións de mulleres vítimas de violencia de xénero.

O tema é unha “homenaxe ás que están e ás que non pero estaban en todo o seu dereito”, explica a gaiteira cambresa. O vídeo, dirixido por Rubén Riós, conta coa colaboración de Luís Zahera, Carlos Blanco, Xosé Antonio Touriñán, Isabel Naveira, Elena Ferro ou Iván Raña.

Pulsa para ver más contenido para ti