Síguenos en redes sociales:

Un enlace moi folclórico en Tui, na entrega desta noite de 'Casamos!'

Ricardo e Miriam, un cambrés e unha viguesa, intentarán iniciar un novo camiño xuntos no programa 'Amor na rede'

Un enlace moi folclórico en Tui, na entrega desta noite de 'Casamos!'tvg

As historias de amor máis románticas, divertidas e entrañables, da man de parellas de noivos que celebran a súa voda en Galicia, serán protagonistas unha semana máis na TVG co programa Casamos!.

No amor, coma na vida, as apariencias enganan. Este é o caso de Vanesa e Álex, a parella desta noite. Ninguén apostaba pola súa historia porque? que ían ter en común unha militar e un gaiteiro? Cando superaron os prexuízos, decidiron ir a por todas e selaron o seu amor no programa Luar.

Hoxe tamén queren escribir o seguinte capítulo da súa historia na TVG e por iso casan diante das cámaras de Casamos!, cun enlace moi folclórico en Tui, onde non faltará a música, o baile e moita emoción.

'Amor na rede'

Chegados os trinta e tantos e despois de varios desenganos amorosos, volver confiar é cada vez máis difícil. As parellas de agora xa non parecen ser para toda a vida, así que cada vez son máis os que optan por protexerse das acometidas do amor cunha dura coiraza. Este é o caso do noso protagonista desta semana de Amor na Rede, Ricardo, un cambrés de 34 anos afeccionado á navegación a vela. Coa axuda dos seus desvergonzados achegados, vén atopar o amor ante as cámaras de do programa. Para el, a psicóloga Itzíar Villar atopou unha pretendente compatible en Vigo. Trátase de Miriam, unha muller de 37 anos e nai de dous fillos.

A través das probas que lles proporá Camilo Lesta, os espectadores irán descubrindo que non son tan duros como pretenden aparentar e ata acabarán por sacar o seu lado máis infantil. Unha cea romántica será o peche ideal para unha semana de amor entre os protagonistas desta semana de Amor na Rede. Nesta cita Miriam terá que confesar o seu segredo e ambos terán que pensar se lles compensa a distancia para iniciar unha relación.

Pulsa para ver más contenido para ti