'Desenredando a Rede' abordará hoxe na TVG a adicción ás redes sociais
'A Revista' coñecerá Rural Muller, a marca de leite producida por traballadoras galegas
Na entrega desta semana de Desenredando a Rede, un dos programas divulgativos que emite a Televisión de Galicia (TVG) para presentar melloras, iniciativas e problemáticas da sociedade, os expertos falarán dun tema que cada vez está máis presente na poboación: a adicción ás redes sociais. Os especialistas darán algunhas pautas para saber como detectar este problema e como atallalo. Hoxe, as gamers do programa, Katu e Chus, levarán a cabo un dos seus retos máis noxentos pero, á súa vez, máis divertidos, e que terá que ver coas fabas de Harry Potter.
Na sección Nan@s, os máis cativos investigarán o que é un Tamagotchi, chegando a conclusións moi diferentes e orixinais, e, na sección I+D+i, o programa presentará inventores made in Galicia. Os reporteiros sairán á rúa para poñer a proba aos viandantes en novas tecnoloxías.
Por outra banda, o programa A Revista coñecerá en directo a marca de leite fresco Rural Muller, producida unicamente por traballadoras en Lugo. Este novo produto é a primeira pedra dunha iniciativa levada a cabo por mulleres do rural galego cuxa finalidade e reivindicar o papel da muller na produción de leite e involucrar nela tamén á industria e as distribuidoras.
Ademais, os reporteiros do espazo desprazaranse ata Pontevedra para coñecer a Maruja Solís, que fai 102 anos, o que a converte nunha das persoas máis lonxevas do país. En máis dun século, viu pasar dúas guerras mundiais, unha civil e centos de fitos históricos.
Temas
Más en Televisión
-
Eric Saade apoya a Palestina en Eurovisión y la organización lo critica
-
RTVE ya piensa en el Benidorm Fest 2025 y fija su plazo para recibir candidaturas
-
Enésimo cambio de 'Baila como puedas' en TVE: este es su nuevo día y hora
-
Naiara habla de la cruda realidad tras ganar 'OT 2023': "Ahora me estoy dando la hostia"